Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

VOLVEN AS REGUEIFA DE CIENCIA: ESTÁ A INDUSTRIA QUÍMICA CREANDO UN MUNDO TÓXICO?

Leonor Parcero

  • Regueifas de Ciencia para o pensamento crítico, iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela volve en 2021 en modalidade virtual.

  • A primeira Regueifa desta edición terá lugar este xoves día 28 de xaneiro ás 19.30h e poderá seguirse en Regueifas.org/streaming ou na súa canle de YouTube

  • A actividade está financiada pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía), pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación.

Regueifas_Cadrado.jpeg

No último século tense dobrado a esperanza de vida da poboación mundial. A contribución da química neste feito é innegable, ao participar na creación de fertilizantes, fármacos, desinfectantes, antibióticos ou novos materiais. En paralelo a este desenvolvemento, prodúcese unha grande exposición das persoas a milleiros de substancias. Para controlar a seguridade de calquera substancia sintetizada en cantidades maiores a unha tonelada ao ano, a Unión Europea creou o mecanismo de rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias químicas (REACH). Porén, existen voces que alertan sobre a ineficacia deste mecanismo, ao non ter en conta efectos cruzados sinérxicos ou unha potencial actividade como disruptores endocrinos a moi baixas concentracións. 

Neste contexto, o debate lanza a pregunta de se o desenvolvemento da química está construíndo un mundo mellor ou, pola contra, estamos atentando contra o medio e a nosa propia saúde. Dous equipos, cada un defendendo unha postura diferente, enfrontaranse con tempos pautados e un moderador imparcial (o xornalista científico Manuel Vicente) para que o público acade unha opinión informada sobre este asunto. 

Este formato de debate, a modalidade escollida pola organización de Regueifas, coñécese como de tipo Oxford e coas súas regras se teñen celebrado xa doce Regueifas de Ciencia dende 2016, tocando temas tan polémicos como os transxénicos, a enerxía nuclear, a edición xenética en embrións humanos ou o eucalipto.  Todos os debates poden verse completos na web www.regueifas.org.

 

Os equipos

Este xoves catro expertos e expertas debaterán sobre se estamos a crear un mundo tóxico. No equipo do non:

  • Dolores Romano Mozo, responsable de políticas de substancias químicas do European Environmental Bureau

  • Marieta Fernández, Catedrática da Universidad de Granada e investigadora da  rede CIBER Epidemología y Salud Pública (CIBERESP)

Este ano Regueifas de Ciencia celebrarase exclusivamente en liña. En todas as edicións anteriores existiu a posibilidade de seguir as Regueifas a través da emisión en directo dende a súa web, mais este ano e debido á situación sanitaria, esta será a única opción para asistir aos debates. A pesar disto, o público de Regueifas poderá realizar as votacións iniciais e finais características de Regueifas e, por suposto, poderá formular aos relatores e relatoras as preguntas que estime oportuno.

 Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. A súa primeira edición celebrouse en 2016 e todos os debates poden volver a verse en regueifas.org.