- Dolores Romano Mozo -
Leonor Parcero
Enxeñeira agrónoma e técnica superior en prevención de riscos laborais. Traballou desde os anos 90 en campañas de prevención da contaminación e do risco químico en diversas organizacións non gobernamentais, incluíndo Greenpeace, a Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento (ECODES), o Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS) e Ecoloxistas en Acción. Na actualidade é responsable de políticas de sustancias químicas na Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB).
É observadora da EEB no Comité de Avaliación de Riscos e no Comité de Análise Socioeconómica da Axencia Europea de Sustancias Químicas.
É autora dun centenar de publicacións sobre os impactos sobre a saúde e o medio ambiente das sustancias químicas tóxicas e sobre políticas para previlos, incluíndo artigos en revistas científicas, informes e estudos técnicos e materiais divulgativos.