Regueifiñas: a final
Leonor Parcero
Este mediodía tivo lugar o debate final do certame Regueifiñas. As representantes do IES Aquis Querquernis e IES Valga foron elexidos polo comité científico de Regueifas de Ciencia como os mellores de entre os 14 equipos de toda Galicia que se presentaron ao concurso.
O debate, que se desenvolveu no Auditorio da facultade de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (sen público) e que se emitiu en streaming, preguntaba se debería ser obrigatoria a vacina da COVID-19. Unha vez máis, os dous equipos, que defendían unha posición que lles tocara por sorteo, demostraron unha enorme capacidade dialéctica e de estudo e preparación do tema.
Ao rematar a contenda, fóronlles entregados os premios. Por mor da pandemia, non foi posible facer a visita aos Centros Singulares, que quedou adiada ao inicio do curso 2021-2022, cando a situación sanitaria sexa máis favorable.
Moitos parabéns aos dous equipos e aos seus profesores e profesoras por tan bo traballo e ata a próxima Regueifiña de Ciencia!
Se perdiches a Regueifiña, agora podes vela completa!