Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Category: Relatores

- Marieta Fernández Cabrera -

Leonor Parcero

marieta_fernandez_Regueifas.jpg

Doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Granada (UGR, 2001), Experta en Epidemioloxía e Investigación Clínica pola EASP (EASP, 2004) e Máster en Radioloxía e Medicamento Físico pola Universidade de Granada (UGR, 2007). É catedrática da Universidade de Granada, e Investigadora do Instituto de Investigación Biosanitaria (ibs.SELECTA) e do Ciber de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERESP).

Desde o ano 2003 a Dra. Fernández pertence, ademais, á cohorte de nacemento prospectiva Infancia e Medio Ambiente-INMA, ocupándose dende 2007, da coordinación da cohorte INMA-Selecta dentro deste consorcio de investigación. Imparte a materia de “Cancro e Alimentación” no Grao de Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Granada dende 2008.

A Dra. Fernández lidera un grupo de investigación pluridisciplinar de expertos en toxicoloxía humana, clínicos eepidemiólogos, que presta unha atención especial ao desenvolvemento de biomarcadores da exposición humana a disruptores endocrinos e ao estudo dos seus efectos sobre a saúde da poboación. O seu grupo de investigación ten como hipótese de traballo "o estudo do impacto sobre a saúde e o medio ambiente de numerosas sustancias químicas, contaminantes ambientais". Esta investigación viuse reflectida en máis de 150 publicacións científicas (recollidas en ScienceCitation Index), e na participación continuada, dende 1994 ata a actualidade, en numerosos proxectos de investigación europeos, nacionais e autonómicos. Actualmente lidera o WP14: Effect Biomarkers do proxecto europeo HBM4EU (Iniciativa da Biomonitorización da exposición humana).

- Dolores Romano Mozo -

Leonor Parcero

Dolores_Romano_Regueifas.jpg

Enxeñeira agrónoma e técnica superior en prevención de riscos laborais. Traballou desde os anos 90 en campañas de prevención da contaminación e do risco químico en diversas organizacións non gobernamentais, incluíndo Greenpeace, a Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento (ECODES), o Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS) e Ecoloxistas en Acción. Na actualidade é responsable de políticas de sustancias químicas na Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB).

É observadora da EEB no Comité de Avaliación de Riscos e no Comité de Análise Socioeconómica da Axencia Europea de Sustancias Químicas.

É autora dun centenar de publicacións sobre os impactos sobre a saúde e o medio ambiente das sustancias químicas tóxicas e sobre políticas para previlos, incluíndo artigos en revistas científicas, informes e estudos técnicos e materiais divulgativos.

- Manuel Marey Pérez -

Leonor Parcero

Nyni.jpg

Manuel Fco. Marey Pérez (Castroverde, 1973) é catedrático de Universidade da área de Proxectos de Enxeñería dende 2017. É Doutor Enxeñeiro e DEA en Estatística e Investigación Operativa. Compaxinou os estudios de segundo ciclo co traballo na empresa privada, pública e na Administración Autonómica de Galicia. No ano 2018 incorporouse a plantilla docente da USC. Leva publicado 63 artigos de impacto (http://www.researcherid.com/rid/A-1944-2011). Publicou 48 libros e capítulos de libros, 203 comunicacións a congresos en 18 países. Participou en 55 proxectos e convenios como IP (987.639 €) e 119 como colaborador (8.077.249 €). Ten rexistradas 17 patentes. Levou a cabo labores de extensión formativa nun total de 54 cursos e organizou 23 xornadas técnicas para diferentes empresas.

- Francisco Díaz-Fierros Viqueira -

Leonor Parcero

2880px-Francisco_Díaz-Fierros_asina_o_Libro_de_Ouro.jpg

Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago no ano 1967 e Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola desde 1987.  Catedrático Emérito (2011-2013) e “Ad Honorem” (2014-2016).

Profesor na Universidade de Santiago de Compostela nas facultades de Farmacia e Bioloxía e na Escola de Enxeñería Ambiental, asi como Profesor de Terceiro Ciclo nas universidades de Santiago, Coruña, Oviedo, Granada, Valencia, Lleida, Alicante, Madrid e Barcelona e na Internacional Menendez y Pelayo (Santander, Valencia, Pontevedra, A Coruña).

Os seus traballos de investigación dedicáronse ao estudo dos solos (propiedades físicas, cartografía, capacidade productiva, erosión e degradación) especialmente no relativo aos de Galicia e, en xeral, da zona húmida española. Así mesmo, estudou a climatoloxía agrícola e as consecuencias sobre os ecosistemas terrestres do cambio climático. A calidade das augas fluviais en relación coas actividades agrarias así como os efectos dos incendios forestais sobre augas e solos foron outros tantos temas de investigación. Finalmente, realizou tamén estudos e traballos sobre a historia da ciencia en Galicia e as relacións entre a ciencia e a sociedade.

Dirixiu 31 teses de licenciatura e 28 teses doctorais.

Foi autor ou coautor de 17 libros e coordinador xeral de  outros 30. Autor ou coautor de 87 capítulos de libros e de 235 traballos de investigación en revistas de difusión nacional e 122 de difusión internacional. Ten 113 comunicacións a congresos. Foi investigador principal de 42 proxectos de investigación.

En 1968 foi bolseiro da Fundación “Juan March” e, en 1973, da Fundación “Barrié de la Maza”. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e director do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 é presidente do novo Seminario de Estudos Galegos. Foi membro do Council of the European Soil Conservation Society e do Comité Científico estatal de Parques Nacionales. Coordinador da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega desde o ano 2000 ata o 2018 e da de Patrimonio Natural desde 1983 ata o 2000. Foi Vicepresidente desta institución (2003-2016). 

Acádemico correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia (1992) e numerario da Academia de Farmacia de Galicia (2000). Desde o ano 2002 é membro numerario da Real  Academia Galega. Recibiu entre outros premios e distincións, no ano 1980, o de Investigación da Deputación de Pontevedra, no 1997, o Premio da Crítica de Galicia (Investigación),  no ano 2008, o Premio Nacional de Cultura Galega en “Pensamento e Cultura Científica” e no 2016, o “Lois Peña Novo”.

- Adolfo Cordero Rivera -

Leonor Parcero

Adolfo IMG_20180511_150616.jpg

Profesor Titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo, onde imparte aulas de Ecoloxía Forestal e Xestión de Espazos protexidos e Biodiversidade. Autor de duns 200 artigos de investigación, máis da metade en revistas internacionais. As súas liñas de investigación inclúen a Ecoloxía Forestal (especialmente pragas forestais), a Conservación de especies ameazadas e a Ecoloxía Evolutiva e do Comportamento e Etoloxía. Actualmente interésase pola interacción entre comportamento e conservación, sendo os modelos de estudo sobre todo libeliñas, e os ambientes illas e regatos en bosques tropicais. 

Podes informarte un pouco máis sobre as teses que defende Adolfo nestes documentos:

O monte como base para o desenvolvemento sustentable. Propostas de silvicultura ecolóxica.

Incendios forestais. Causas e solucións.

Ecología de los anfibios en pequeñas islas costeras del Holoceno: adaptaciones locales y el efecto de plantaciones de árboles exóticos

- Serafín González Prieto -

Guillotina Estudio

Foto Serafin Gonzalez-3.jpg

É o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural dende 1995.

Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1989), é investigador científico do CSIC adscrito ao Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia IIAG http://www.delegacion.galicia.csic.es/iiag dende 1993, organismo do que foi vicedirector de 1998 a 2004 e director de 2004 a 2008.

Ten participado en 22 proxectos de investigación e sido autor de 63 artigos en revistas científicas SCI, 12 en revistas non SCI, 26 capítulos de libro e 4 libros. Ata este momento, ten sido director de 5 teses de doutoramento e 2 teses de licenciatura.

Foi vogal da SGHN na delegación de Ourense de 1980 a 1994 e é o presidente dende maio de 1995.