Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: eutanasia

- Margarita Boladeras Cucurella -

Leonor Parcero

Margarita_Boladeras_Regueifas.JPG

Margarita Boladeras é catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, especializada en temas de filosofía contemporánea e en cuestións de filosofía da ciencia, ética e bioética. Foi decana e vicedecana da Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona e dirixiu varios proxectos de investigación sobre problemas da súa competencia.

Desde 1995 é vogal do Comité de Bioética de Cataluña e foi codirectora do estudo sobre a práctica da eutanasia e o suicidio asistido, publicado en 2006; é tamén membro da Comisión de Bioética da Universidade de Barcelona. Forma parte do Consello de Redacción da revista Ágora da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello Asesor da revista MUSAS. Revista de investigación en Muller, Saúde e Sociedade (Universidade de Barcelona).

Foi membro do European Network for Life Sciences, Health and the Courts (2004-2008), directora adxunta da revísta Humanidades Médicas (2002-2004) e membro do xurado dos premios e bolsas da Fundación Víctor Grífols i Lucas para o desenvolvemento da Bioética (de 1999 a 2016).

Ademais de numerosos artigos, publicou 17 libros como autora ou editora, entre os que destacan: El derecho a no sufrir. Argumentos para la legalización de la eutanasia, Barcelona: Los libros del lince, 2009; Comunicación, ética y política. Habermas y sus críticos, Madrid: Tecnos, 1996; El impacto de la tecnociencia en el mundo humano, Madrid: Tecnos, 2013, versión francesa: Parlons bioéthique, Québec: Presses de l’Université Laval y París: Hermann Éditeurs, 2017; Jocs de vida. Reflexions sobre la cultura i la condició humana, Barcelona: Edicions 62, 1990, premio de ensaio do Ateneo Barcelonés.

- Isabel Blanco Domínguez -

Leonor Parcero

Isabel_Blanco.png

Isabel Blanco é Licenciada en Medicina, Especialista en Xinecología e Obstetricia e Máster de Medicina Tropical e Saúde Internacional.

A súa actividade laboral desenvolveuse en exclusiva na Sanidade Pública, no Hospital Xeral e no Álvaro Cunqueiro de Vigo até a súa xubilación.

Paralelamente, participou en proxectos de Cooperación Internacional con ONG´s (Médicos do Mundo, Médicos Sen Fronteiras... ) en diferentes países como Nicaragua, Sahara, Mauritania, Angola, Congo, RCA, Mozambique ou Madagascar.

Realizou voluntariado social en defensa dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva e de xénero con diversas asociacións veciñais, de mulleres, sindicatos e en Médicos Do Mundo (na redución de danos con persoas en situación de prostitución).

Pertence á Xunta directiva de Defensa a Morrer Dignamente de Galicia dende 2018

- Jacinto Bátiz Cantera -

Leonor Parcero

Jacinto_Batiz_Regueifas.JPEG

Jacinto Bátiz é actualmente Director do Instituto para Cuidar Mejor do Hospital San Juan de Dios de Santurtzi, onde tamén foi Xefe da área de Coidados Paliativos desde 1993 até 2017.

É Especialista Universitario en Coidados Paliativos pola Universidade do País Vasco e máster en Coidados Paliativos e tratamento de soporte do enfermo con cancro pola Universidade Autónoma de Madrid, Experto en Ética e Deontología Médica pola Fundación Ortega e Gasset Gregorio Marañón e OMC, Secretario da Comisión Central de Deontología da Organización Médica Colexial de España (OMC), membro do Observatorio Atención Médica al final de la Vida da OMC, presidente da Sección de Coidados Paliativos da academia de Ciencias Médica de Bilbao, asesor como experto na elaboración das Leis Autonómicas sobre a atención ao final da vida (País Vasco e Illas Baleares) e vogal da Comisión de Seguimento do Plan de Coidados Paliativos dentro do Consello Asesor sobre Cancro en Euskadi do Departamento de Saúde do Goberno Vasco.

É ademais profesor convidado en posgraos de Coidados Paliativos e Ética Médica ao final da vida nas seguintes Universidades: Sevilla, Autónoma de Madrid, Pontificia de Comillas, País Vasco, Deusto e Nebrija e coautor da Guía Ética en Coidados Paliativos.

Pertence á Fundación Ciencias da Saúde e é Autor de numerosos artigos de opinión sobre aspectos éticos no final da vida.

Información relacionada coa opinión do relator:

- Francisco Javier Barón Duarte -

Leonor Parcero

Francisco_Baron_Regueifas.jpg

Facultativo de Oncoloxía, con formación MIR no Hospital Xeral de Asturias e posteriormente nos Hospitais de Lugo e Clínico de Santiago

Actualmente é facultativo adscrito á Unidade de Hospitalización de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario da Coruña.

Foi coordinador do Plan Galego de Coidados Paliativos desde xullo 2006 a decembro 2008; Presidente da comisión de Etica e de C. Paliativos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago desde setembro 2006 até decembro 2008; participante no grupo de traballo que elaborou a Guía de Instrucións previas sobre coidados Paliativos e tratamento dá Saúde de marzo a decembro 2008; participante na elaboración dá Estratexia Galega de Asistencia Integral do Cancro de xuño a novembro 2008.

Neste momento é membro do Grupo de Traballo que elabora a Guía de Coidados Paliativos ao final da vida en SERGAS-AVALIATE, membro do Grupo de Bioética la Sociedad Española de Oncología Médica e coautor do libro Bioética y Oncología.