Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: enerxía nuclear

- Ángeles López Agüera -

Leonor Parcero

Angeles Lopez Aguera Regueifas.png

Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e presidenta do Comité CLRLA de UNESCO. Membro do Panel Internacional para o Cambio Climático. Coordina o Grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostíbeis (SEAG)  e o Laboratorio de Caracterización de Sistemas Enerxéticos da USC.  Foi Decana da Facultade de Física, Asociada Estranxeira na Universidade de Padua, en Italia e no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), en Xenebra.

No seu CV conta con 290 publicaciones e 14 Teses de Doutoramento .  As súas líñas de traballo están orientadas ao deseño de Comunidades Sostíbeis no ámbito dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibel de Nacións Unidas, o desenvolvemento de tecnoloxías apropiadas e a optimización das instalacións de enerxía Solar Fotovoltaica. 

- Bernardo Adeva Andany -

Leonor Parcero

Bernaro Adeva Andany Regueifas.png

É Catedrático de Física Atómica e Nuclear no Departamento de Física de Partículas da USC e membro do IGFAE. Director durante 20 anos do grupo de Física de Altas Enerxías (GAES) desta universidade, e coordinador da participación española no experimento LHCb do CERN (2000-2006 e 2012-2014), dedicado ao estudo da asimetría materia/antimateria no acelerador LHC.

Traballou durante 11 anos baixo a dirección do premio Nobel de Física Samuel C. C. Ting do MIT, primeiro no experimento MARK J do acelerador de DESY (Hamburgo), onde sentaron algunhas das bases do modelo estándar da física de partículas, e logo no deseño e construción do experimento L3 do CERN, dedicado ao estudo do bosón Z0.

Dende a Universidade de Santiago, a partir de 1993, dirixiu a participación desta universidade no experimento SMC sobre a estrutura de espín do protón, e foi deputy spokesman do experimento DIRAC, único até a data en formar átomos piónicos. A partir de 2001 o seu grupo centrouse na construción do experimento LHCb do CERN, dedicado na procura de nova física, máis aló do modelo estándar, nas desintegracións de quarks pesados.

Foi membro de distintos comités do CERN, incluíndo o LHCC que avaliou os grandes experimentos do LHC, no período 1997-2000. Coordinou, durante o período 2008-2014, a rede española de grupos participantes neste gran acelerador. Foi director do IGFAE no período 1999-2004. Como docente, ten interese no ensino da Mecánica Cuántica e da Física de Partículas, materias nas que escribiu varios libros.

Información adicional relacionada coa opinión do relator:

- Juan José Gómez Cadenas -

Leonor Parcero

Gomez-Cadenas.jpg

Juan José Gómez Cadenas é físico de neutrinos. Dirixe o experimento NEXT que se está a levar a cabo no laboratorio subterráneo de Canfranc, coa finalidade de demostrar que o neutrino es su propia antipartícula. 

También es escritor y divulgador. Ten publicado tres novelas:  Materia Extraña (2008, Espasa), Spartana (2014, Espasa) e Los Saltimbanquis (2018, Encuentro), dous libros de relatos (La agonía de las libélulas, Zócalo, 1999 y El Dilema Turing, JDB, 2018, con otros autores) e un libro de divulgación sobre enerxía: El ecologista Nuclear, (2011, Espasa). É colaborador habitual da revista cultural JotDown, onde adoita entrevistar a científicos e poetas. 

Gomez Cadenas é profesor IKERBASQUE no Donostia International Physics Center (DIPC). 

- Marcel Coderch -

Leonor Parcero

Foto Marcel Coderch.jpg

É Enxeñeiro de Telecomunicacións (UPC, 1976), Master (1979) e PhD en EE&CS polo Massachusetts Institute of Tecnology (MIT, 1983).

De 1983 ata 1999 foi Director de Novas Tecnoloxías e Negocios de Grupo Anaya, Director Técnico do diario El Sol, e participou no lanzamento de Gestevisión-Tele5. Do 1999 ao 2006 foi Director de Internet de Retevisión- Auna, socio fundador de TechFoundries, INOUT TV e MediaXpress. Despois dunha longa experiencia profesional no mundo das tecnoloxías da información e das comunicacións electrónicas e audiovisuais, entre os anos 2006 e 2013 foi Vicepresidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) e na actualidade é Presidente da Autoridade Catalá da Competencia.

En paralelo coa súa actividade profesional ten mantido un interese especial na evolución do sistema enerxético e a súa regulación, en especial da enerxía nuclear e as renovables. En 2006 foi relator da Mesa de Diálogo sobre a Evolución da Enerxía Nuclear en España, convocada polo entón Ministerio de Industria e Enerxía, e no 2009 publicou o libro El Espejismo Nuclear. Escribiu numerosos artigos sobre distintos aspectos sociais e económicos da enerxía nuclear en El País, Expansión, 5Dias, Ara, etc. e tamén para o Instituto Elcano, participando en varios debates televisivos e radiofónicos sobre o accidente de Fukushima e a clausura de Garoña.

É membro do capítulo español do Club de Roma, o foi do Consello Asesor para o Desenvolvemento Sustentable da Generalitat de Catalunya e é profesor honorífico da Universidade Politécnica de Catalunya.

Información adicional relacionada coas opinións do relator: