Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

- Bernardo Adeva Andany -

Leonor Parcero

Bernaro Adeva Andany Regueifas.png

É Catedrático de Física Atómica e Nuclear no Departamento de Física de Partículas da USC e membro do IGFAE. Director durante 20 anos do grupo de Física de Altas Enerxías (GAES) desta universidade, e coordinador da participación española no experimento LHCb do CERN (2000-2006 e 2012-2014), dedicado ao estudo da asimetría materia/antimateria no acelerador LHC.

Traballou durante 11 anos baixo a dirección do premio Nobel de Física Samuel C. C. Ting do MIT, primeiro no experimento MARK J do acelerador de DESY (Hamburgo), onde sentaron algunhas das bases do modelo estándar da física de partículas, e logo no deseño e construción do experimento L3 do CERN, dedicado ao estudo do bosón Z0.

Dende a Universidade de Santiago, a partir de 1993, dirixiu a participación desta universidade no experimento SMC sobre a estrutura de espín do protón, e foi deputy spokesman do experimento DIRAC, único até a data en formar átomos piónicos. A partir de 2001 o seu grupo centrouse na construción do experimento LHCb do CERN, dedicado na procura de nova física, máis aló do modelo estándar, nas desintegracións de quarks pesados.

Foi membro de distintos comités do CERN, incluíndo o LHCC que avaliou os grandes experimentos do LHC, no período 1997-2000. Coordinou, durante o período 2008-2014, a rede española de grupos participantes neste gran acelerador. Foi director do IGFAE no período 1999-2004. Como docente, ten interese no ensino da Mecánica Cuántica e da Física de Partículas, materias nas que escribiu varios libros.

Información adicional relacionada coa opinión do relator: