ESTÁ XUSTIFICADA A MALA SONA DO EUCALIPTO? CUARTO (E ÚLTIMO!) DEBATE DE REGUEIFAS DE CIENCIA 2018
Guillotina Estudio
A última Regueifa desta edición 2018/2019 terá lugar o luns 11 de marzo ás 20h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
O debate será retransmitido en directo en regueifas.org/streaming
Poucos debates polarizan tanto á sociedade galega nos últimos tempos como o que se xera arredor do eucalipto. Para uns, unha especie invasora que leva décadas ameazando os ecosistemas dos bosques galegos. Para outros, un dos motores económicos claves do país, xerador de emprego e riqueza. Unha cuestión que precisa de moitas lecturas diferentes (social, política, económica, científica…) e que non podíamos deixar de analizar nesta despedida das Regueifas de Ciencia 2018/2019.
Defendendo que a mala sona do eucalipto está xustificada estarán:
Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Adolfo Cordero Rivera, Profesor titular da Universidade de Vigo.
Defendendo o contrario contaremos con:
Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Catedrático emérito.
Manuel Marey Pérez, Catedrático de proxectos de enxeñaría na Universidade de Santiago.