- Rosalind Arden -
Leonor Parcero
É investigadora da London School of Economics. Despois dunha primeira licenciatura en Historia da arte, Deseño e Cinema, traballou como Investigadora e logo como produtora de documentais científicos para televisión. O seu interese pola ciencia levoune a un facer un doutoramento en Xenética do Comportamento, no que explora como e por que as persoas varían en intelixencia e que se desprende desa variación. Dirixiu un estudo que mostraba o impacto da xenética nos debuxos dos nenos pequenos e o primeiro artigo que mostraba que o pequeno vínculo entre ser máis brillante e vivir máis tempo está motivado substancialmente polos xenes. Logo preguntouse se o que sabemos sobre a intelixencia aplica en particular ás persoas ou aos mamíferos en xeral. Realizou un estudo para explorar a intelixencia nos cans e actualmente está a buscar formas nas que podamos aprender máis sobre os vínculos entre a saúde e a cognición nos cans. Isto pode axudarnos a entender mellor as enfermidades que afectan tanto aos cans como ás persoas, especialmente a demencia.
Síguea en Twitter @Rosalind_Arden_