- Alberto Calero -
Leonor Parcero
É membro do consello de diversas compañías tecnolóxicas, Presidente de A&JCalero Engineering e partner de Maven7, compañía punteira na ciencia das redes. Colaborou con Laszlo Barabasi desde 2002 en proxectos de ciencia de redes e foi parte activa dos desenvolvementos desta ciencia nos últimos 10 anos.
Alberto Calero foi ata 2011 membro do comité de Dirección de France Telecom España (Orange) e Director da oficina do CEO onde tivo a responsabilidade de traballar a nivel do grupo na anticipación en áreas estratéxicas de crecemento do mercado (Saúde, Enerxía, internet das cousas).
Alberto Calero foi tamén Director da Unidade de Novos Servizos onde tivo a responsabilidade do desenvolvemento dos servizos móbiles de datos, innovación e contidos.
Antes de incorporarse a Amena, traballou en compañías como o Grupo Prisa como Director Xeneral de Innovación e Tecnoloxía dependendo directamente do CEO e formando parte do comité de Dirección do Grupo. Tamén foi director de Mercadotecnia de Kodak en España e Portugal así como director de Mercadotecnia de Hewlett-Packard en España, Italia e Portugal. En HP tamén foi o director da rede de innovación da compañía e novos servizos de Internet, e en Telefónica onde traballou na división de Enxeñaría de sistemas.