Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

- Rita Vassena -

Leonor Parcero

Rita_Vassena_Regueifas_ciencia_Santiago.jpg

Rita Vassena é doutora pola Universidade de Milán, Italia, con estudos que incluíron a avaliación da competencia no desenvolvemento de ovocitos en modelos de animais grandes. Completou a súa formación postdoctoral no Fels Institute for Cancer Research, Filadelfia, onde centrou o seu traballo nos primeiros eventos de remodelación de cromatina despois da transferencia nuclear de células somáticas. De 2007 a 2011 foi investigadora no Centro de Medicina Regenerativa de Barcelona - Banco Nacional de Células Madre, onde centrou os seus estudos na competencia evolutiva dos embrións humanos, así como no estudo da pluripotencia en células nai embrionarias e inducidas. Desde 2011 é a Directora Científica do Grupo EUGIN, unha rede internacional de centros para o tratamento da infertilidade humana, con instalacións en Europa e América Latina, atendendo anualmente a máis de 20.000 pacientes. A Dra. Vassena coordina a investigación internacional na área de FIV humana e dirixe o laboratorio de investigación básica, situado en Barcelona. Foi coautora de máis de 60 traballos de investigación en prestixiosas revistas e é conferencista frecuente en reunións internacionais. Foi Coordinadora do Grupo de Especial Interese en células nai da ESHRE (Sociedade Europea de Reprodución Humana e Embriología) e actualmente é Membro Executivo da mesma.