- Óscar Horta -
Leonor Parcero
Oscar Horta é profesor na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido investigador visitante nas universidades de Gotemburgo, Copenhague, Lisboa, La Sapienza de Roma, Abo Akademi en Finlandia, Porto e Rutgers en Estados Unidos. Foi tamén investigador na Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Recibiu o Premio de Ensaio Ferrater Mora 2007. Pódese ler aquí o seu curriculum completo.
A maior parte do seu traballo ten sido en ética normativa e aplicada, especialmente na cuestión da consideración moral dos animais, sobre o que ten numerosas publicacións. O seu cv está disponíbel aquí.
Así mesmo, ten estado implicado activamente na defensa dos animais desde inicios dos anos 90, e é membro fundador da Fundación Ética Animal. Leva o blog Ética más allá de la especie.
Un texto que explica a súa posición acerca da consideración moral dos animais é este: Tomándonos en serio la consideración moral de los animales: más allá del especismo y el ecologismo.
Outro texto centrado na desatención dada aos animais na investigación e a bioética é o seguinte: La desconsideración de los animales no humanos en la bioética.
Esta canle de YouTube ten algúns vídeos con conferencias e intervencións sobre a ética e os animais.