Debemos cambiar o fuso horario en España? Volve Regueifas de Ciencia
Leonor Parcero
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT. É un conxunto de debates con estrutura tipo Oxford que se celebran ao longo do ano 2016 na Facultade de Comunicación da USC.
A primeira “Regueifa” tratou o tema dos transxénicos e agora volve o debate para discutir se é ou non conveniente que España cambie de fuso horario. Será o 10 de xuño ás 20.00h
Partidarios e detractores do cambio fan ouvir as súas voces en medios de comunicación e mesmo a través de representantes políticos, pero coñecemos as consecuencias concretas de cambiar (ou non) de fuso horario?
Cada certo tempo, ás veces coincidindo co cambio ao horario de inverno ou verán e outras veces en campaña electoral, ouvimos falar da posibilidade de que España cambie o seu fuso horario. Se o cambio se producise, teriamos a mesma hora que Lisboa ou Londres, pero ademais desta coincidencia con outras cidades europeas, coñecemos as consecuencias dese cambio?
O vindeiro venres día 10 de xuño na Facultade de Comunicación da USC (Auditorio, 20.00h) poderemos coñecer as posibles consecuencias dese cambio con catro voces diferentes defendendo dúas posturas: a favor e en contra, nun debate de tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometradas, unha estrutura por bloques…)
Todos eles son expertos nas súas respectivas áreas e teñen unha opinión moi clara ao respecto:
- Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG non Parlamento de Galicia
- José Martía Fernández-Crehuet, Coordinador internacional de ARHOE (Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois). Profesor-doutor internacional de Economía e Empresa na Universidade a Distancia de Madrid
- Jorge Mira, Catedrático do Departamento de Física Aplicada dá Universidade de Santiago de Compostela e divulgador científico
- José María Martín-Olalla, Profesor de Física da Universidade de Sevilla
Este segundo debate en xuño, outros dous antes de que acabe o ano
Regueifas de Ciencia 2016, co lema “Debates intelixentes sobre temas apaixonantes” estreouse o pasado 8 de abril cun debate sobre os transxénicos en alimentación e agricultura. Naquela ocasión, o Auditorio da Facultade de Comunicación encheuse e máis de cen persoas seguiron o debate por streaming. Aquel evento foi gravado e foi visto máis de mil cincocentas veces.
Desde a organización esperamos que este segundo debate resulte tan interesante e atractivo como o primeiro.
Ademais de este, ao longo do ano celebraremos outros dous debates, dos que iremos informando conforme se acheguen as datas.