- Francisco Jorquera -
Leonor Parcero
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Residente na Coruña.
Inicia a súa militancia no nacionalismo no curso 1978-1979 na organización estudantil ERGA, afiliándose nesa mesma época á Asemblea Nacional- Popular Galega. É membro do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación en 1982.
Na súa etapa universitaria foi Secretario Nacional de ERGA e representante desta organización estudantil no Consello Nacional do BNG. Participou na fundación dos CAF (Comités Abertos de Faculdade) e foi membro do Claustro da USC e da Xunta de Faculdade de Xeografía e Historia.
No BNG desenvolveu as funcións de Secretario Técnico dende 1999 a 2003, Coordenador Executivo dende 2003 a 2009, Secretario de Acción institucional- Parlamento do Estado dende 2009 a 2012 e Secretario de Acción Institucional- Parlamento Galego dende 2012 a 2016. Foi, así mesmo, o seu Representante Xeral e Coordenador de Galeuscat polo BNG.
Senador por Galiza no periodo 2005-2008. Dende 2008 ata 2012 foi deputado pola provincia da Coruña no Congreso de Deputados e voceiro do BNG na devandita cámara.
Dende as eleccións autonómicas de outubro de 2012 é deputado pola provincia da Coruña no Parlamento Galego e exerceu como voceiro, entre 2012 e2016, do Grupo Parlamentar do BNG nesta cámara.