A final do concurso de debate escolar Regueifiñas 18 terá lugar o venres 22 de marzo ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e a entrada será libre ata completar aforo.
O debate tamén será retransmitido en directo en regueifas.org/streaming
Hai quen considera a aparición das redes sociais coma o invento do siglo. Un avance que cambiou o paradigma das relacións persoais, unha ferramenta de comunicación global impensable ata fai uns anos capaz de conectar e mobilizar á xente de todo o planeta para facer un mundo mellor. Pero, é ouro todo o que reluce? Existe a privacidade nas redes sociais? É etico o uso que fan as corporacións empresariais dos nosos datos? Nos axudan a estar máis informados, ou nos desinforman?
O equipo que defenderá que as redes sociais son un avance para a nosa sociedade está composto por:
María Manuela Gómez e Andrea Iglesias, alumnas de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago .
Mentras que defendendo o contrario estarán
Beatriz Rodríguez e Antón del Río, alumnos de 3º de ESO do Compañía de María de Ferrol.