Os continuos avances no coñecemento da biomedicina e a tecnoloxía fan que esteamos cada vez máis preto de alongar radicalmente a vida humana. Ante esta posibilidade existen diferentes enfoques e perspectivas. Hai unha corrente que afirma que falta pouco para que vivamos 1000 anos e que a orixe de todas as enfermidades está no envellecemento. Con todo, é fácil atoparse con científicos que consideran que é, como mínimo, pouco realista afirmar que viviremos tanto ou que alcanzaremos a inmortalidade. Tamén hai correntes de opinión que consideran que o envellecemento e a morte forman parte da nosa natureza; que aínda que é obvio que hai que tratar as enfermidades para mellorar a calidade de vida das persoas e evitar mortes prematuras, non é moralmente aceptable cambiar a nosa natureza tan radicalmente e achegarnos á inmortalidade. Por suposto, tamén hai quen expón os retos que suporía o aumento extremo da esperanza de vida a nivel social, demográfico e económico.
En definitiva, atopámonos ante un asunto con moitas caras, perspectivas e dilemas de todo tipo. Un tema perfecto para o desenvolvemento dun debate apaixonante, perfecto para unha Regueifa de Ciencia: Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?
Non perdas a primeira Regueifa de Ciencia Internacional, con
Carlos Martíne Alonso e Aubrey De Grey
Vicente Bellver Capella e Richard Faragher