O terceiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o mércores 21 de setembro en Santiago de Compostela.
Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria: dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados.
Neste caso, os relatores serán:
- O equipo a favor da experimentación animal está formado por Fernando Savater (filósofo) e Emma Sánchez (EARA, Asociación Europea para a Investiagación con Animais). O equipo en contra está formado por Óscar Horta (filósofo, profesor na Universidade de Santiago de Compostela) e Eze Paez (avogado, Centre for Animal Ethics da Universidade Pompeu Fabra).